top of page
1. Actividade rítmica

 

Practica o ritmo con esta melodía. Segue o vídeo tocando con palmas ou calquer obxecto que teñas por casa. Podedes facelo en familia.

2. SI MA MA KA

 

Divírtete en familia con esta canción tradicional de Ghana. Cantamos e facemos percusión corporal.

Se vos apetece podedes subir e compartir no muro de 4º fotos realizando esta actividade

simamaka.png

O muro de 4º atópase no Blog de Educación Musical.

Para compartir as vosas gravacións neste muro tedes que facer "clic" no signo +, poñerlle un título, comentario... e pinchar na frecha (upload) para engadir o arquivo

3. Os superheroes

 

Non vos podedes olvidar desta canción que cantamos en clase e que vos gustaba tanto

A CANTAR!

4. A música da miña familia

 

Con esta proposta ides coñecer e compartir os gustos musicais dos membros da túa familia. Preguntarlle aos que están contigo en casa cal é a súa música ou canción preferida. Buscala en YOUTUBE e logo subila ao muro de 4º de Primaria

​

Cando atopes o vídeo en YOUTUBE, copia a dirección "http...", logo entra no muro, pincha no signo +, despois no link (símbolo parecido a un clip) e pega esa dirección. LISTO!!

Non te olvides de poñer o título da canción, o teu nome  e o membro da familia (papá, irmán...)

5. As figuras musicais

 

Repasamos as figuras musicais con Kaahot!

Pincha aquí para acceder ao xogo. Xogarás contra os teu compañeiros. Sorte!

​

Kahoot.png
Kahoot2.png
bottom of page